sábado, 5 de julio de 2014

LIM: A Unión Europea

Unha das actividades que realizamos na última semana deste curso foi a presentación das guías de viaxe: Viaxamos por Europa.
Cada grupo de alumnos e alumnas investigou sobre 10 países de Europa: situación de cada un, linguas, moeda, gastronomía, monumentos, goberno, flora e fauna,...
Igualmente, buscaron información sobre a Unión Europea e as recentes eleccións ao Parlamento Europeo.
Nos vindeiros días iranse colocando estas presentacións, para que todos e todas poidades gozalas.
Mentres, déixovos este LIM (Libro Interactivo Multimedia), creado por profesorado do colexio. De seguro que o pasaredes ben e aprenderedes máis sobre esta organización.
 -- 

No hay comentarios:

Publicar un comentario